Fillas de Cassandra

Fillas de Cassandra şarkı sözleri

Sanatçı   ·  ayda 24 239 dinleyici

Sanatçının Albümleri

Benzer Sanatçılar


Biyografi

Fillas de Cassandra somos só dúas, pero escribimos da man de tódalas que foron feitas de olvido. Vida e voz terán mentres as haxa quen canten, que cantemos, nalgunha terra prohibida, para sermos alguén, todas xuntas. ACRÓPOLE é o noso primeiro LP, un traballo conceptual que pretende rescatar ás heroínas da mitoloxía clásica, establecendo un vencello entre as súas e as nosas vivencias e revisitando a narrativa instaurada arredor dos seus nomes, a fin de restauralos desde unha ollada feminista. As nosas inquedanzas, sonhos, raibas, loitas, medos e influencias converxen nun diálogo contemporáneo que mestura a música, o teatro e as líricas tradicionais, da man do piano, as harmonías vocais, a percusión, os sintetizadores e os recursos da música electrónica actual. Fillas de Cassandra somos só dúas, Sara Faro e MaríaSOA, o resultado dun encontro causal na cidade de Vigo.