Sanatçının Albümleri
Xabón Lagarta
2022 · albüm
Pepa
2022 · single
Tribo
2022 · single
Hasme Oír (Con Versos de Xela Arias)
2021 · albüm
Intempériome
2021 · single
Morra o Conto
2020 · single
Fábrica de Luz
2019 · albüm
Bailando as rúas
2018 · albüm
Benzer Sanatçılar
Xabier Díaz
Sanatçı
Familia Caamagno
Sanatçı
MJ Pérez
Sanatçı
Quempallou
Sanatçı
Leilia
Sanatçı
Ruxe Ruxe
Sanatçı
Monoulious DOP
Sanatçı
Terbutalina
Sanatçı
Xosé Lois Romero
Sanatçı
Fillas de Cassandra
Sanatçı
Guadi Galego
Sanatçı
Davide Salvado
Sanatçı
Ataque Escampe
Sanatçı
Berrogüetto
Sanatçı
SES
Sanatçı
Biyografi
Somos Andrea, Estela, Inés, Marcela e Xiana, A banda da Loba. Creamos o grupo no 2017 e en poucos anos xa nos convertimos nun dos grupos referentes da música galega grazas ao voso apoio, asaltando multitude de escenarios e vilas de todo o país. «Bailando as rúas», «Fábrica de luz» e «Hasme oír» son os tres traballos discográficos que temos publicados. En abril de 2022 presentamos“Xabón Lagarta”, inspirado no universo vital das lavandeiras e neses espazos de liberdade, confidencias e insubmisión que eran os lavadoiros. O pasado e o presente. As experiencias e as conquistas herdadas. O berro confiado porque antes outras berraron por nós. A busca do noso lugar nesta gran espiral que é a vida. Quixemos tirar dese fío para traelo aos nosos días cun aire e unha estética moderna e contemporánea. Un dos nosos obxectivos principais sempre foi vencellar a nosa música á poesía que se fai no país para, como dicía Xela, sacala dos sillóns dos lectores e das lectoras e conquistar novos espazos. Todo isto, envolvéndoa en melodías “pegañentas” cun estilo musical heteroxéneo, co que din que conseguimos crear unha sonoridade propia. E se a nosa música é heteroxénea, tamén o son as nosas mensaxes. Considerámonos mulleres comprometidas coa nosa cultura e a nosa lingua, así como con diferentes causas sociais. Por iso, as nosas cancións falan de diversidade, de memoria histórica, de lingua, de feminismo, de liberdade, de ecoloxismo… en definitiva, de todo o que nos converte en quen somos.