Como en tódolos mitos, Cassandra era unha nena fermosa Que rapidamente chamou a atención dos deuses Espertando tamén o seu desexo O deus Apolo, perdidamente namorado dela Ofreceulle o don da profecía A cambio, como non, de encontros sexuais Cando Cassandra rompe o pacto y se nega a acostarse co deus Apolo decide castigala do xeito máis cruel posíbel Condénaa a predecir o futuro eternamente Pero nunca ser crida por ninguén Hai algúns que contan Que rematou pechada nunha torre Por tola Outros din que durante a caída de Troia Que ela mesma predecira Foi captura, violada y entregada a un rei como botín de guerra Sexa como fora Por moito que a historia revelou que dicía a verdade Cassandra segue condenada Como todas nós A nunca ser crida