Un impulso primario Un tifón libertario Unha fábula real... Un tesouro sumario Aprendiz de corsario Insolente e leal... O antídoto que calma Esas dores da alma Un fartarte de rir... A ortodoxia sen regras Que nas horas negras Prende candeas pra ti... E muller e nena... E fala de mel... Unha nobre impostora Eterna desertora... A ilusión do cotián O caos do sistema Cada día un lema Cada verba un irmán Así cos intensiva Fondura máis viva Un sentir a pracer... As mulleres que cantan E as que se levantan Danlle a vida un porqué... E muller e nena... E ferve papel... E grande e pequena... E fala de mel... Ten a lúa cordura Maxia da locura Deste mundo marrón... En sublime mestura Descaro e tenrura Tinxen todo de cor... O vermello na estrela O lila das xubela Do seu mar un azul... Dese mar do que veu E que nunca esqueceu E a chama desde o sur... E muller e nena E ferve papel... E grande e pequena E fala de mel...