Kishore Kumar Hits

SES - Unha Sombra de Min şarkı sözleri

Sanatçı: SES

albüm: Co Xenio Destrozado


Hoxe non podo acougar
Hoxe non podo calar
Hoxe só sinto a necesidade
Imperiosa e terca de bailar
Hoxe non quero asentir
Hoxe non quero finxir
Hoxe ese ritmo que fai ferver
O sangue non me deixa nin vivir
Hoxe prefiro pensar
Que o mundo xira en torno a min
Hoxe esquecín o meu mal
Hoxe non teño rival
Hoxe só pido que quede moita, moita,
Moita pista por gastar
E teño o corpo a tremer
E o pulso a todo correr
E o corazón só bombea melodías
Que a cabeza fan perder
Hoxe vai ter que esperar
O que me queira ver morrer
Hoxe deixei de sufrir
E non paro de sorrir
Vivo feliz e contenta e a tormenta
Que veña se ten que vir
Pero non quero chorar
Nin previr nin lamentar
Nin nada de todo iso que un sorriso
Non me queira provocar
Hoxe vai ter que perder
O que aposte polo rival
E teño o corpo a tremer
E o pulso a todo correr
E os pés en revolución
Sen a menor solución
E a pelvis quere marchar
E non a podo frear
E o corazón bate a mil
E non son quen de finxir
Que hoxe prefiro pensar
Que o mundo xira en torno a min
En torno a min, en torno a min
Non me interesan as promesas
Nen contigo nen sen ti
E agora teño claro que o tren que collín
O día para olvidar en que te coñecín
Non me podía levar a peor lugar
Saíume cara a viaxe e tardei en baixar
Pero agora baixei e nunca máis serei
Unha sombra de min.

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar