Kishore Kumar Hits

SES - Canto Aquí, Canto na Habana şarkı sözleri

Sanatçı: SES

albüm: Co Xenio Destrozado


Canto aquí, canto na Habana
Canto aquí, canto na "Habá"
E como canto tan ben-e
Canto-e onde me peta
Aghora comezo eu-e
Comezo por comezar
A que primeiro comeza,
Primeiro ha de acabar
Canto aquí, canto na Habana,
Canto-e onde me peta
Hei de cantar aquí embaixo
E hanme sentir arriba
Pra que digha miña nai-e
Esa-e é a miña filla
Eu se canto fagho ben-e
Eu se canto fagho ben
Canto pola miña ghorxa
E non pola de ninguén
Canto aquí, canto na Habana,
Canto-e onde me peta
E aghora que me puxeron
Esta ghitarra na man
E aghora que me puxeron
Esta ghitarra na man
Se me peta na cabeza
Canto de aquí a mañá
Se me peta na cabeza
Canto de aquí a mañá
Somos de Ghaliza, somos,
Non o podemos neghar
Somos de Ghaliza, somos,
Non o podemos neghar
E nos conocen na fala
E no modo de cantar
E nos conocen na fala
E no modo de cantar
Canto aquí, canto na Habana,
Canto-e onde me peta
"Porque a verdadeira tradición
Non emana do pasado,
Nin está no presente,
Nin se albisca no porvir;
Non é serva do tempo.
A tradición é a alma eterna,
Que vive no instinto popular
E nas entrañas graníticas do noso chan.
A tradición non é a historia.
A tradición é a eternidade"
Vou a dar a despedida
Vou a dar o parabén.
Vou a dar a despedida
Vou a dar o parabén.
Vou a dar a despedida
Que ma dan a min tamén
Vou a dar a despedida
Que ma dan a min tamén
Canto aquí, canto na Habana,
Canto-e onde me peta
Canto sul e do norte
Canto de aquí e de acolá
Que o sinta a xente da Habana
De Vigo e de Bogotá
Somos máis perto que lonxe
Somos pobo, somos chan
Semente de liberdade
Para vivir como irmáns

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar