Con aire fresco de mar Curo feridas e loitos Que sexan poucas ou moitos É necesario sanar E vendo o mundo rodar Dando tumbos de vencido Dou por perdido o perdido E recollo o que quedou E co que me queda vou Seguindo o meu percorrido Para seguir camiñando Fago noite na esperanza Apóiome nas lembranzas E aliméntome de sons E nútrome das cancións Que dan cor a esta existencia Evitando a disidencia Dun obrigado vivir Que me fan chorar e rir Que me instalan na insurxencia E quero bailar ao ritmo Do que vive ilusionado E coa voz do silenciado Cantar quero con paixón Coa querenza e coa emoción Da que non pretende nada Máis que seguir namorada Mentres quede corazón Aspiro a soñar esperta Para facer máis levadeiro Este treito traizoeiro Que garda unha fin incerta E cantar a gorxa aberta E deseñar utopías Para encher de luz os días En que o sol non me sorrí En que non te teño a ti Para inspirarme melodías E así seguirei rimando No medio do bombardeo Emulando o canso reo Reconvertido en poeta Que ten o fóra por meta E ten o dentro baleiro Un ollar sempre tristeiro E o pensamento no ar Onde voa o meu cantar Onde non hai carcereiro Invocando a redención Neste recuncho do mundo Faise o meu cantar profundo Como a terra en ultramar Faise o meu cantar Ao saberme secundada Aínda sendo abandeirada Dos que as levan de perder É por eles que hei morrer Sentíndome acompañada E na liberdade áurea Do melódico elemento Baila a risa co lamento E o cego co soñador O paria co gañador E o rebelde co castrado Que, co sentir mutilado, Ignora aquilo que eu sei Por el é que eu berrarei Para velo liberado