Vendedores de miserias Eruditos sen mentor Tiradores sen visor Apuntando convencidos Á fronte do pensador Portadores de condenas Da fatiga habitual Dunha pena capital Da loubanza da perfidia Que protexe ao criminal Restauramos columnas Que terman das pests De infernos terrestres De gritos sen voz Xeracións inertes Desandan o andado Parindo o herdado A fin de poder perdurar 2000 anos máis Corpos cegos de soberbia Costas podres de sor Normalización da dor Corruptores das estrelas Ídolos da persuasión Embalando a dignidade Sen columna vertebral Ensalzando ao Xeneral Impedindo a pervivencia De todo resto moral Restauramos columnas Que terman das pests De infernos terrestres De gritos sen voz Xeracións inertes Desandan o andado Parindo o herdado A fin de poder perdurar Restauramos columnas Que terman das pests De infernos terrestres De gritos sen voz Xeracións inertes Desandan o andado Parindo o herdado A fin de poder perdurar 2000 anos máis 2000 anos máis 2000 anos máis