Sen pararse nin bulir Marcha a vida e eu aquí, Apelando á comprensión Dun xurado sen perdón, Dun exército sonámbulo, Dun santo con fusil, Dun metódico axudante de arlequín. Promulgando un baleiro legal, A queima do cuartel, Repatriando as exiliadas de Babel. Pido prórroga de fe Pospoñendo o meu ceder, Adiando a decepción, Admirando a condición Dun dogmático sen límites, Do ateo inquisidor, Dunha liga de insubmisos da razón, Dun escéptico atónito, Dun mundo sen muller, Dun arrítmico afillado de Ravel. Admirando a condición Do ridículo, do absurdo, do ilóxico... Apelando á comprensión...