Na vida me vai pasar A primeira vez que a vin, Tiña aqueles ollos grandes Dentro deles me perdín. Uns poucos días despois Volvémonos atopar E naquela mesma noite Durmiuse na miña man. E que na vida me vai pasar... Ao vir a mañá lembrei O daquel porto de mar, Eu quería que quedara Ela non quería marchar. E o que tivo que pasar Para escreber esta canción, Unha tarde que chovía A miña beira deixou. Deixoume naquel serán Sen ningunha explicación, Só pensar naquela noite Encólleme o corazón. Pero como a nosa historia Non foi nun porto de mar, Non pasou verán nin inverno Pepa voltou coa mañá.