Kishore Kumar Hits

SES - Se Te Vas şarkı sözleri

Sanatçı: SES

albüm: Readmirando A Condición


Adiantarse á queda do rival non é fuxir.
Adornar as verbas no final non é mentir
Cando a banda xa non toca máis hai que marchar
Ou perfilar un plan de araque para se se rebelar.
Proseguir coa usura do traidor non é de lei
O perdón non é derrota, conceder non é ceder.
Provocar o pánico do rei coa subversión
Non é máis que a consecuencia necesaria da razón.
Non pido tregua ao mundo cruel
Arrastro o peso deste ser
é inadecuado aseverar
Que quedo coxa se te vas
Inclinarse cara ao vicio non é sucumbir.
Ser feliz na dependencia non é malvivir.
Dar a boa noite ao día en tempos de non ter
é gañar puntos de vida a risco de morrer.
Discernir a irrealidade non é tolear.
Subornar unha conciencia non é reinsertar.
Cando o obxecto da presenza é a anulación
O diaño chama aos lúcidos á rebelión.

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar