Eu son dun pobo pequeno, pequeno, como unha flora Con dous milenos de soños, de vergoña e de valor Eu son dun pobo sinxelo, como a palabra irmán Como o amor que che entrego, como o amor que me dan Eu son dun pobo nacido entre o fusil e o cantar Que de tanto ter sofrido, xa ten moito que ensinar E irmá son de tantos pobos que quixeron separar Porque saben que anque pobres, xuntos somos un volcán Porque saben que anque pobres, xuntos somos un volcán Eu son dun pobo poeta, dos que os seus versos gravou Nos valados e nas portas, con sangue, rabia e amor Eu son dun pobo recente, pero antiga a súa voz Analfabeto vixente, un século en rebelión Eu son dun pobo nacido entre o fusil e o cantar Que de tanto ter sofrido, xa ten moito que ensinar E irmá son de tantos pobos que quixeron separar Porque saben que anque pobres, xuntos somos un volcán Porque saben que anque pobres, xuntos somos un volcán Irmá son de tantos pobos que quixeron separar Porque saben que anque pobres, xuntos somos un volcán Porque saben que anque pobres, xuntos somos un volcán