Kishore Kumar Hits

SES - Serei Curiosa şarkı sözleri

Sanatçı: SES

albüm: Rabia Ao Silencio


Nunha exacta foto do diario,
Señor ministro do destruír,
En pleno gozo e en plena euforia
E en plena risa o seu rostro aí.
Serei curiosa señor ministro:
De que se ri, de que se ri?
Polas súas fiestras a praia vese
Mais non hai vistas aos barrios ruíns.
Teñen seus fillos ollos de mando
Pero hai ollares só de sufrir.
Aquí na rúa suceden cousas
Que nin sequera podo dicir,
A xente boa segue loitando,
Vostedes seguen a delinquir.
Por iso digo señor ministro:
De qué se ri, de que se ri?
Vostedes saben perfectamente
A lei amarga deste País.
Son crueis e duros coa nosa xente,
Por que con outros son tan servís?
Mentres traizoan o patrimonio
Ao poderoso vanlle sorrir,
Así enganan vostede e outros,
Os arrastrados e os senís.
Por iso digo señor ministro:
De que se ri, de que se ri?
Aquí na rúa os seus gardas matan
E os que morren son coma min,
E os que quedamos chorando rabia
Só contemplamos o resistir.
Aló no cárcere hai torturas
E iso a nada o vai conducir,
Despois de todo vostede é o pau
Maior dun barco que hai que afundir
Serei curiosa, sr. Ministro:
De que se rí, de que se rí?

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar