Kishore Kumar Hits

SES - Seguramente şarkı sözleri

Sanatçı: SES

albüm: Diante un Eco


Con principio e con final
A historia xira e o xiro é tal
Que a asasina do maioral
Paríu a cúpula da garda real
Matar ao papa non é un aval
Hai máis papismo na loita social
E os da corrente insurreccional
Co presidente, de bacanal
No emporio do habitual
A xente mira e mira mal
Todo concepto horizontal
Prohibido por lei sindical
Nun xacemento transnacional
Búscanse restos de persoa cabal
Probablemente nun punto astral
Seguramente fracaso total
Seguramente, seguramente
Seguramente,seguramente
Encorado a estribor
O mundo reza con tal fervor
Que entre o malo e o peor
Fixo a chabola o asesor
Os entusiastas do rumor
Axustizaron o exhausto rigor
E os activos do executor
Cuadriplicaron o seu valor
Baixo a toga do pretor
Hai un comando opositor
Moito máis fonda que o negror
É a garganta do trepador
O vello escolta do embaixador
Xa non comproba debaixo do motor
Seguramente porque o señor
Está no bar co conspirador
Seguramente,seguramente
Seguramente, seguramente
(Seguramente)
Seguramente porque o señor
Anda no bar co conspirador
(Seguramente)
Seguramente porque o señor
Está no iate co conspirador
(Seguramente)
Moito máis fonda que o negror
É a garganta do trepador
(Seguramente)
Moito máis fonda que o negror

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar