Sinto a realidade Como faca de pastor Como soga, como agulla, como dardo. Sinto a súa verdade Como axente isolador Como golpe, como tiro, como estalo. Sinto a crueldade Cando atendo ao meu redor Como ruído, como estrondo, como caos. Non busco piedade, Busco un mínimo rubor Entre o inmundo que nacíu do humano. Tempo e tempo atrás Diante, un eco Un corpo sen mans E un río seco. Tempo e tempo atrás Diante, un eco Un corpo sen mans E un río seco'. Vexo a claridade Agochada na atención Como torre, como estela, como faro. Oio a suavidade No desgarro do cantor Como flor, como caricia, como engado. Sinto a identidade Rebulir nos meus pulmóns Como sopro, como brisa, como fado. Noto a miña idade Na renuncia á solución Remitíndome a calquer pasado Tempo e tempo atrás Diante, un eco Un corpo sen mans E un río seco. Tempo e tempo atrás Diante, un eco Un corpo sen mans E un río seco Tempo e tempo atrás Diante, un eco Un corpo sen mans E un río seco Tempo e tempo atrás Diante, un eco Un corpo sen mans E un río seco Un corpo sen mans E un río seco Un corpo sen mans E un río seco