Kishore Kumar Hits

SES - Para Cando Eu Morra şarkı sözleri

Sanatçı: SES

albüm: Diante un Eco


Para cando eu morra non quero palmas nin honras
Nin falsas palabras nin flores nin cerimonias
Non quero raposos nin ratas corporativas
Que non me queira de morta quen non me quixo de viva
Para cando eu morra non pido máis que partir
Plena de amor, coa boca chea de rir
Quero que me queirase amarte sen miramentos
Nada máis os dous espidos, sen firmas nin sacramentos
Non quero baixarche o sol
Nin tampouco a lúa
Non quero baixarche o sol
Nin tampouco a lúa
Non quero que sexas meu
Nin eu vou ser nunca túa
Pero quero amarte sempre
E bicarte en cada rúa

Porque nesta vida o papel non vale nada
Teñaa cor que teña merca froita envelenada
Todo o que se compra non marcha contigo á terra
Só o máis pobre dos pobres ao son da prata se aferra
Porque amar non é nin vergoña nin rubor
Porque nesta vida pouco máis hai que o amor
O amor sincero, ter e que che teñan lei
E querer só de verdade, que é o único que eu sei
Non quero baixarche o sol
Nin tampouco a lúa
Non quero baixarche o sol
Nin tampouco a lúa
Non quero que sexas meu
Nin eu vou ser nunca túa
Pero quero amarte sempre
E bicarte en cada rúa

É que amar non é nin vergoña nin rubor
Porque nesta vida pouco máis hai que o amor
Porque o que me quede quero bailar e sorrir
E levarte a ti comigo, sempre que ti queiras vir
Non quero baixarche o sol, nin a lúa
(Eh) Non quero baixarche o sol, nin a lúa
Non quero baixarche o sol (ai la la) nin a lúa
Non quero baixarche o sol (ai la la) nin a lúa
Non quero baixarche o sol (non quero baixarche o sol)
Nin a lúa (nin a lúa)
Non quero baixarche o sol (non quero baixarche o sol)
Nin a lúa (nin a lúa)
Non quero baixarche o sol (non quero baixarche o sol)
Nin a lúa
Non quero baixarche o sol (non quero baixarche o sol)
Nin a lúa

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar