Muiñeira montañesa Muiñeira montañesa Nunca vin unha muiñeira Tan sinceira coma esa Fuches falar mal de min A quen logo mo contou Sempre quixen ben e quero A quen me desenganou Teño unha herba na horta Que rebenta polo pé Tamén te ía rebentar Por dicir o que non é O que ben quixo algún día Se a querer ten afección Sempre lle queda unha bágoa Dentro do seu corazón Quero cantar e estar leda Que a tristura non fai ben Aínda non vin a tristura Dar de comer a ninguén Muiñeira montañesa Muiñeira montañesa Nunca vin unha muiñeira Tan sinceira coma esa