Este canto narra a historia Dunha triste ditadura Que vivimos no pasado Nunha época escura Ailala Unha ditadura cruel Apoderouse dos pobos A xente pasaba fame Víase terror nos ollos Ailala ♪ O cárcere estaba cheo Da xente cos seus valores Que loitaron coas súas forzas Atopando as súas mortes Ailala Anque estou preso na cárcel Non teño pena por eso Nin deixo de ser quen son Nin son o primeiro preso Ailala Aluméame luíña Aluméame luare Aluméame luíña Que me van a paseare Ai lala Ai lalalala Ai lalalalalalala Ai lalalalala Ai lalalalala ♪ Ai lala