Todo o meu arredor cambiou a súa cor. Lembras o día? Todo parou. Arden os ollos, necesito emoción, Unha saída bañada en licor. Salta! Espertei; entre paredes florecen, Malas herbas desta puta mente, A noite en garda. Percorrer cada metro do meu propio ser vivindo en garda. Imaxina que estoupa, camiño que me bota, Un silencio que brota, a vida en bancarrota. A vida en bancarrota. Outra páxina morta, escribir a posdata da última nota, Albiscar a saída, máis eu non quería morder esta lona. Ferido, pero non vencido. Detido, ser o meu propio inimigo. Imaxina que estoupa, imaxínate a vida vestida de morta. Fodido, fundido, prohibido pero non vendido. Imaxina que estoupa, imaxina esta besta chamando á túa porta. Espertei; entre paredes florecen Malas herbas desta puta mente, A noite en garda. Percorrer cada metro do meu propio ser vivindo en garda. Unha páxina rota, outra páxina morta. Espertei; entre paredes florecen malas Herbas desta puta mente, A noite en garda. Percorrer cada metro do meu propio ser vivindo en garda.