¿Por que, miña almiña Agora non queres O que antes querías? ¿Por que, pensamento Agora non vives De amantes desexos? ¿Por que? ¿Por que? ¿Por que? Eu quero saber ¿Por que? ¿Por que? ¿Por que? Eu quero entender ¿Por que, corazón Agora non falas Falares de amor? ¿Por que xa non bates Con doce batido Que calma os pesares? ¿Por que? ¿Por que? ¿Por que? Eu quero saber ¿Por que? ¿Por que? ¿Por que? Eu quero entender Din que en cada momento hai que amar Non só hai que preguntar E así é que ten que ser Todo muda na vida Eu ben sei a teoría E aínda así quero saber por que ¿Por que? ¿Por que? ¿Por que, meu espírito Agora te humillas Cando eras altivo? ¿Por que, en fin, meu Deus A un tempo me faltan A terra e o ceo? ¿Por que? ¿Por que? ¿Por que? Eu quero saber ¿Por que? ¿Por que? ¿Por que? Eu quero entender ¿Por que?