Kishore Kumar Hits

Pelo Gato 24 - 25 Mentiras şarkı sözleri

Sanatçı: Pelo Gato 24

albüm: Pelo Gato 24


Pon o pote ao lume, meu irmán;
Pon o pote ao lume que aí vén Xan;
Pon o pote ao lume, meu irmán;
Pon o pote ao lume que aí vén Xan.
Heiche de contar un conto
De vinte e cinco mentiras.
Heiche de contar un conto
De vinte e cinco mentiras.
Sementei na miña horta
A semente dun repolo
E naceume unha ovella
Cunha pataca nun ollo,
E naceume unha ovella
Cunha pataca nun ollo.
Pon o pote ao lume, meu irmán;
Pon o pote ao lume que aí vén Xan;
Pon o pote ao lume, meu irmán;
Pon o pote ao lume que aí vén Xan.
Teño uns zapatiños novos
De sola de chiculate
Con lazos de caramelo,
Mira ti que disparate,
Con lazos de caramelo,
Mira ti que disparate.
Alá arriba naquel monte
Teñen un porco colgado
E o que queira chourizos
Que lle tire polo rabo,
E o que queira chourizos
Que lle tire polo rabo.
Fun ao monte por sardiñas,
Fun ao mar cargar de toxo.
Polo monte fun nadando,
Polo mar nun burro coxo.
Polo monte fun nadando,
Polo mar nun burro coxo.
Isto trata dun cabalo
Que dá voltas a unha noria.
Tropezou, caeu o cabalo
E así remata esta historia.
Tropezou, caeu o cabalo
E así remata esta historia.
Tropezou, caeu o cabalo
E así remata esta historia.

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar