Non te podo querer máis Xa sabes, teño o corazón de ferro Eu non son Leonard Cohen Canto peor e creo en Deus un pouco menos Son un tipo duro, son da mafia rusa Son un cowboy E nunca vas saber o que se coce No meu interior Meu amor, ven bailar un chachachá Meu amor, cando será O día que teñamos que voltar Á barriga de mamá ♪ Sittin' on the dock of the bay John Wayne vixía desde o televexo Déixame falar de min Son quen na barra do Maycar mira de esguello E van os ciclistas subindo montañas Despois de xantar Eu lío un cigarro, preparo a fuxida Detrás do coñac Meu amor, ven bailar un chachachá Meu amor, cando será O día que vexamos estourar A taberna do lugar ♪ Meu amor, ven bailar un chachachá Meu amor, cando será O día que teñamos que xogar A partida de billar ♪ Meu amor Con lúa e sol, violíns e trombóns Bares e cárceres Meu amor Xa sei que nunca che fago cancións Tan importantes