Kishore Kumar Hits

Ataque Escampe - Serafín şarkı sözleri

Sanatçı: Ataque Escampe

albüm: Galicia es una mierda


Serafín é un neofalante moi elegante:
Fala coa súa moza en reintegrado
E co seu amante en inglés.
Trae toliñas a todas as vellas
Cando aborda con elas
O problema do País Basco francés.
Xa mediou entre o taberneiro
E o senegalés dos CDs.
Presentoulle a unha celtarra
Un grei xentalla e tiveron aquel.
Toda a xente aquí en Vista Alegre
Deixa de mollar no prebe
Cando aparece o marqués
Do bo facer.
Con Serafín será a fin de tanto revés.
Serafín coñece do mundo
A hostia de cousas:
50 ETTs, 20 cargas e cada moluscodos que dan gusto e pracer.
Trae toliñas a todas as vellas
Cando aborda con elas
O problema do País Basco francés.
Serafín coñece o cantante
De Ataque Escampe.
Saúdao sempre aínda que sabe
Das súas envexas e malas artes tamén.
Cando a terra se volva redonda
Que lle rindan todas as honras
Ao marqués, ao marqués,
Ao marqués do bo facer.
Con Serafín será a fin de tanto revés

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar