Kishore Kumar Hits

Ataque Escampe - A granxa de Alexandre şarkı sözleri

Sanatçı: Ataque Escampe

albüm: Galicia es una mierda


Cando baleiramos a neveira
Ninguén debe vernos co novo disfrace
Canto canta o galo de madeira
Canto canta o galo de verdade, cada día comes carne
No Tarasca está Carlos Figueiras
É a ocasión perfecta para embebedarme
Logo canta o galo de madeira
Logo canta o galo de verdade, espertarei ás seis da tarde
Non hai vacas, non hai porcos
Non hai fillos pródigos, non hai que comer
Ese día sinfonía de desafinar (para que)
Noites na comisaría, e todo segue igual
No Polo Sur, no Polo Norte
Ou polo menos, os polos non estaban enfermos
Soa o blues na noite e non se pode respirar

Teño a San Antonio na lareira
Ninguén debe vernos con necesidades
Moito canta o galo de madeira
Moito canta o galo de verdade, aquí nunca pasamos fame
Non hai vacas, non hai porcos
Non hai fillos pródigos, non hai que comer
Ese día sinfonía de desafinar (para que)
Noites na comisaría, e todo segue igual
No Polo Sur, no Polo Norte
Ou polo menos, os polos non estaban enfermos
Soa o blues na noite e non se pode respirar
Estas noites sen estrelas fanme sentir moi violento
Escoitar cancións de Dylan
As hostias que caen por dentro
Nunca cometer pecado contra ningún mandamento
Quero ser un astronauta para estar contento
Un día farei unha fogueira
E arderá para sempre a granxa de Alexandre
Xa non canta o galo de madeira
Xa non canta o galo de verdade, e eu xa son a miña carne
Non hai vacas, non hai porcos
Non hai fillos pródigos, non hai que comer
Ese día sinfonía de desafinar (para que)
Noites na comisaría e todo segue igual
No Polo Sur, no Polo Norte
Ou polo menos, os polos non estaban enfermos
Soa o blues na noite e non se pode respirar

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar