Kishore Kumar Hits

Ataque Escampe - Alcatraz şarkı sözleri

Sanatçı: Ataque Escampe

albüm: A Grande Evasión


E decidín regresar a Alcatraz:
Foi o mesmo camiño pero do revés.
Aínda batía nos muros o mar,
Pero xa non había ninguén.
Detrás da cidade aínda hai restos de po.
Na vida primeira matei e roubei.
Era moi tarde para che falar de amor
E agora é cedo para caer.
Somos o ferro nas veas, somos o pouco que queda
Dos días de sangue quente.
Os anacos de xabón soben até o corazón con orgullo delincuente.
Alcatraz outra vez,
Coa cabeza moi alta e unha moi agradábel masaxe nos
Pés. Alcatraz, aquí estou de regreso da grande evasión.
Non vin San Francisco nin falta que fai
(Dicían que tes que levar unha flor).
A min as viaxes fanme vomitar
E na casa cómese moito mellor.
Non vin os moluscos do mar do Xapón.
Non vin os solpores de Guiné Bissau.
Non vin as estrelas no espazo exterior.
Fóra todo era o caos.
Este foi o meu planeta,
Tan cheo de bolboretas que non hai sitio para a xente.
Fóra vai moita calor e eu onde mellor estou é no meu lugar de sempre.
Alcatraz outra vez,
Coa cabeza moi alta e unha moi agradábel masaxe nos
Pés. Alcatraz, aquí estou de regreso da grande evasión.

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar