De entre todos os funestos animais, Desconfía das palabras e das contas: Pódeche saír moi caro publicar A descuberta do animal con roupa. E o cinismo é unha liña editorial Na que nunca colle a criptozooloxía, Porque alerta sobre os xeitos de cazar E aínda por riba fala doutras formas de vida. E se vas ao Lago Ness Ten coidado de te ver no Espello das augas turbias dos outros. E se ves a Santa Claus Saúdao sempre ao pasar: é importante a paz entre os monstros. Criptozooloxía aplicada á túa miserábel condición humana. Que lento pasa o tempo para a especie, que rápido o amor. De entre toda a camuflaxe de arredor, Busca sempre a humidade e a quentura. Non pretendas poder escapar da dor Pero enlámate en estrañas aventuras. Por exemplo faite mozo de King Kong E desfruta da vertixe das alturas. Dalles de hostias a todos os avións. Morre sangrando pola pel das túas Musas. E se vas ao Lago Ness Ten coidado de te ver No espello das augas turbias dos outros. E se ves a Santa Claus (agora vou rectificar), Dispara antes de que se arme o monstro. Criptozooloxía aplicada á túa miserábel condición humana. Que lento pasa o tempo para a especie, que rápido o amor. Criptozooloxía aplicada á túa miserábel condición humana. Que lento pasa o tempo para a especie, que rápido o amor.