Ultimamente penso Que nos collemos dos garfios, Que nos deixamos levar e o mar Fai o seu traballo. O tiburón é unha especie á que todo lle dá igual: Estamos no mundo para acabar No ventre do animal. Por que non falar de amor? Hai glamour na morte, Agora xa quen o dubida. Baixo os teus pés ten que crecer unha cidade Afundida. Imaxina que bebemos unha última botella de ron: Estamos no mundo para acabar Convertidos en carbón. Pero non me irei sen ti. E as algas que nos crezan Nas órbitas dos ollos Farán chorar co paso Dos anos os biólogos. Deixa que che pase A lingua pola perna de pao: Estamos no mundo para acabar Tan lonxe do peirao, Na abordaxe final. Tanta auga e verás Como ardemos para sempre. Tanta auga e verás Como ardemos para sempre. Tanta auga e verás Como ardemos para sempre. Tanta auga e verás Como ardemos para sempre.