Entre as dunas do teu corpo Arde o pracer máis febril, Pero non sabes qué mal rollo Dá o deserto. Dime cantos Lawrence de Arabia Coñeces ti. Traio aceites esenciais E dátiles do Sinaí, Milenarios coma a sede E o frenesí. Pero os vivos somos os que imos Suar aquí. Dime qué é o que che gustaría Facer a ti. E a verdade sobre a Liga Árabe é que é outra alucinación, Pero máis nos vale ter un berro De guerra por alfanxe E un frasco de viño de Damasco Para os turcos que queiran ser bos. Para os turcos que queiramos ser nós.