Todo empezou onde remata o asfalto. Cheiro a gasoil e cancións de contrabando. E o noso paso medrou pola estrada maldita. Non teñas medo que non, que a túa vida non é infinita. Neste carro sempre hai quen escolle mal o asento. Dinos como che vai, non che queda moito alento. Non temos dirección nin luz que nos acenda, Mais na última exposición fomos o récord de vendas. Sempre quixo ser abducido. Trampas e cartón: somos vingativos. Litros de acción que nos soben á cabeza. N On hai manifestacións nas terras da lei seca. Como compensarás a falta de movemento? Neste carro sempre hai quen escolle mal o asento. Agora viaxarás cara a adentro Nunha nave especial feita, Feita de cemento. Viaxe cara a adentro, feita de cemento.