Kishore Kumar Hits

Ataque Escampe - Sempre Nos Matan şarkı sözleri

Sanatçı: Ataque Escampe

albüm: A Grande Evasión


Desde algún faiado vimos naves espaciais.
Prememos no botón do triplo salto
Vital. Estivo moi ben o feito de intentalo.
Hai cogomelos bos, hai cogomelos malos.
Pero sempre nos matan na mesma
Pantalla.
Existen fontaneiras que nos poden salvar o cu
Aos príncipes que só temos príncipes azuis. E
Falan dunha flor que perfora caparazóns,
Unida a una estrela que promete vidas extra.
Pero sempre nos matan na mesma pantalla,
Cunha planta carnívora ou movendo a muralla.
Pero sempre nos matan na mesma pantalla.
Sempre nos matan.
Sempre rompemos a cabeza
Para que aparezan as moedas.
Hai moitos trucos por aí,
Ou é que os trucos son as regras?
E agora quen vai pagar
Todos os ladrillos rotos?
Iso sabiámolo xa
Desde Shigeru Miyamoto.
Podemos ir pola esquerda
E aparecer pola dereita,
Xogarmos a partida sós
Ou facer vida de dous.
Tamén podemos estar tres
E coñecer xente xogando.
Podemos estar só mirando ou aquí
Cantando,
Pero quen controla o mando?
Porque sempre nos matan na mesma pantalla,
Cunha planta carnívora ou movendo a muralla.
Porque sempre nos matan na mesma pantalla.
Sempre nos matan.

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar