Europa é o lugar onde o ballet Tamén se podería ver Como a maneira de aparentar Que as persoas somos quen de ter ás. Agora imaxina a viquinga Björk Nun combate desgarrador Contra as coristas do Music Hall Nun choque de civilizacións. Dos ventos prefiro os metais, Dos praceres todos os orientais. Dies irae: diciades que iriades alí. Unha ambulancia anda a percorrer Todiño Rejkjavik. Leva doente o corpo espectral De Vivaldi e un violín. Dos ventos prefiro os metais, Dos praceres todos os orientais. Dies irae: diciades que iriades alí. Ten coidado, cazador, Na selva disparan ao corazón. Será a fin das catro estacións.