Aí vou procurando a gloria, Superrápido, no meu dodge con redutora. Aí vou coa pel de serpe desta cazadora Pensando no fría que é a vida a esta beira da dor. Sei que vos odio con esa pose intelectual, A cuestión nacional, piratas por amor ao ron. Ron, ron, ron. Simpáticos e irónicos, doentes pola acción, Rambo e Rimbaud, a grande evasión, O universo sodes vós. Aí vou sentindo a cafeína no espectáculo das noite e dos días, Aí vou, e cando me suba a bilirrubina Non haberá unha puta aspirina a esta beira da dor. Non é tan fácil desde a cabina dun camión O soul de Detroit e a estética do oitenta e dous. Boys, boys, boys. Nostálxicos e histriónicos, no guateque Marvin Gaye (Que non foi quen de matar o pai, foi o pai que o matou a el). Aí vou procurando a gloria, Como un lóstrego por un bosque de magnolias. Aí vou coa pel de serpe desta cazadora. Falade do dura que é a vida a esta beira da dor.