Kishore Kumar Hits

Ataque Escampe - Festa malandrómica şarkı sözleri

Sanatçı: Ataque Escampe

albüm: Violentos anos dez


Esas voces que din que non te cruces
Sonche dos señores que viven atrás das luces.
Nin puto caso aos tipos eses, ímoslle armar a festa que te mereces.
Xa me coñeces a min, son como un gremlin,
Beber despois das doce será a nosa fin,
O feeling que che dá tomares un burger king,
Que nunca che darán os cartos do maletín.
E vaste enredando, xa, vasme pillando, xa,
Que che marchou a gana de mexar.
Se ti tes pánico escénico, un ollo clínico médico,
Un teste cínico-técnico, que podes esperar?
Aínda que fose científico, máxico, esotérico, de México,
O que quixera é facerche bailar na
Festa malandrómica, música electrónica, vas quedar afónica.
Hoxe isto é para ti, a mirada única, noite esquizofrénica.
Está fervendo a rúa de San Pedro. Primeiro empeza pola cabeza, deixa que te seduza o ritmo, tes boa traza,
Logo un brazo meténdolle actitude, sen agresividade pero o corpo que sude.
Pecha os ollos e sínteme cantando, rebótache no peito o baixo que está bourando.
Toda a puta semana traballando: se faltan enerxías hai que comer o caldo.
Estas músicas son anfetaminas, fan réplica do que imaxinas.
Agora es unha apisonadora esmagando o mundo en pouco menos de media hora.
Xa o dixo Armando: en cada esquina hai un señor observando.
Estate tranquila que xa estamos cantando. Tripulación despegando.
Festa malandrómica, música electrónica, vas quedar afónica.
Hoxe isto é para ti, a mirada única, noite esquizofrénica.
Teño medo dela e ela non me come. Noite en Compostela, vexo aquela luz alá e non podo tocala: imos atrás dela,
A merda que máis mola, arde a cacharela, mañá non hai escola, quédateme morena.
Superheroína fina, elegante, arde a vila cos teus poderes mutantes.
Morren estudantes, pipotes de barrantes non son contrincantes, transfórmate.
Podemos facer que rebente o recinto, crear un labirinto con ríos de viño tinto.
Sinto poñerme tonto cando a monto, estou a monte. Quero hipnotizarte.
Co baixo a contratempo, suda os calcetíns e pon os ollos de Terminator.
Búscalle o xeito, bótalle aceite, fai un desperfecto coma café con leite.
Ti tes máis forza que Bronson, ti tes estilo incluso chorando un bolso.
A realidade é falsa, queimas mentiras na túa balsa: de sol a sol dancing salsa.
Hoxe é a noite na que todas tolean (como se menea, como se menea);
Hoxe é a noite na que todos tolean (como se menea, como se menea).
Uns van de MD; outros do que lle dean; a que menos leva unha boa prea.
Se te vexo no medio do bochinche hei cantar até que o fol desinche.
Festa malandrómica, música electrónica, vas quedar afónica.
Hoxe isto é para ti, a mirada única, noite esquizofrénica.

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar