Hoxe Ana ve A rúa toda Desde un triste cubil. Hai xente de ben Bastante rara, Everybody is dancing in the street. Dista moito de ser feliz Mais ten un plan e un elepé das Slits. De pequena viu o mundo cruel Nos campionatos provinciais de brilé. Non marchará, Resistirá Entre a pureza masculina do bar. I will survive, Estade quietos que bailades fatal. Non hai para onde ir, Nos anos dez A vida é así. Xa dixo un coronel (Que era John Wayne): Sacade esta muller de aquí. Esta noite non vai durmir Pero hai un plan e unha canción das Supremes. Non acredita na influencia lunar Para explicar un impulso criminal. Unha muller Dille: imos foder (unha misión audaz abofé). Dancing queen, la plus belle pour aller danser. Mrs. Hyde vai saír esta noite Cos zapatos de esmagar caracois, Un sorriso de rinoceronte E os acordes de Search and destroy. Se miras un pouco máis abaixo, Máis abaixo aínda do corazón, Hai bastantes insectos estraños Que calculan a mellor ocasión. Porque hai un plan, Nada especial, Pois todo está na tradición musical. Baby, Baby don't leave me, Oh please, don't leave me All by myself. Baby, Baby don't leave me, Oh please, don't leave me All by myself. Baby, Baby don't leave me, Oh please, don't leave me All by myself.