Kishore Kumar Hits

Ataque Escampe - Once Upon a Time: a Terra Cha şarkı sözleri

Sanatçı: Ataque Escampe

albüm: Violentos anos dez


Preciso un trago: vén ben cando ninguén che fai caso.
Chego á cita e todo o mundo a pasar de min.
Xa estou cansado.
Encantoume o mar, vía vir as ondas baixo o sol da mañá,
Abrasador, son as ganas de nadar
Da xente do interior.
Non vou a festas e non teño paz,
A guerra de secesión é un drama familiar.
Son un negro a camiñar
Un sábado en Vilalba sen ollar para
Atrás. Once upon a time: a Terra Cha.
Estou ben informado do alcance criminal da vida.
E o nexo da estrela é un supercerebro,
Será culpa súa ou deste inmenso efecto placebo.
Miña avoa dicía: nena, no mundo haiche un único azar: o dos brancos.
Toda a vida fan igual, non saben parar.
O do bar chora, conta as súas penas sen ningunha resposta,
Lágrimas rosas, os cherokee fan igual no Oklahoma oriental.
Non vou a festas e non teño paz,
A guerra de secesión é un drama familiar.
Son unha negra a camiñar un sábado en Vilalba sen ollar para atrás.
Once upon a time: a Terra Cha.
Estou ben informada do alcance criminal da vida.
E o nexo da estrela é un supercerebro,
Será culpa súa ou deste inmenso efecto placebo.
Vexo tractores pasar.
Vemos tractores pasar.

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar