Kishore Kumar Hits

Ataque Escampe - Vista Alegre Social Club (vol. 2) şarkı sözleri

Sanatçı: Ataque Escampe

albüm: Noites de agosto con Ataque Escampe


A noiteboa en Harlem non é
Como a Festa da Filloa de Lestedo,
Pero a xente di:
Chegou o intre de ir con Kunta-Kinte ombreiro con ombreiro.
En Celanova black power non hai
Aínda que todos traballamos como negros,
Serenatas con leite de pantera
De Venezuela para aliviar o sufrimento.
A moeda ten unha cousa moi clara:
Cando se creou o mundo foi mal repartido:
A uns tocoulles a sede e a outros o viño.
En Baltimore e en Bertamiráns
Twitteamos citas para a playstation,
Compramos no Día botellas de vodka e
Afoga o Frank Sobotka que levamos dentro.
A noiteboa en Harlem non é como a Nosa Señora do Corpiño,
Pero a xente xa está a poñer os tenis
Para ir con Malcolm X á porta dos camiños.
A moeda ten unha cousa moi clara:
Cando se creou o mundo foi mal repartido:
A uns tocoulles a sede e a outros o viño.

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar