Estou tranquila porque vou morrer, Non sei se aquí, non sei se o mes que vén. Igual que o que canta. Igual que os que escoitan. Parece triste pero non o é, De feito riste cando o pensas ben: Das medias que rompen, Das leis que preparan, Do reloxo biolóxico, De por que pos esa cara. Só quero entender, sen lume na man, As cousas que arden e as que ficarán. Que hora vai ser, Alexanderplatz? Facémosche plas, plas, plas. Coa bici estática de túa nai e as guías prácticas do que non hai, Pasamos a tarde En total liberdade. Quérote ben, pero xa se verá Se o noso amor será internacional. Por países varios Doeranme os ovarios. As miñas ideas e a puta bandeira. Só quero entender, sen lume na man, as cousas que arden e as que ficarán. Aparecerán por riba de min as letras de fin, fin, fin.