Hai no meu rostro pálido Marcas de amor de maquillaxe. Veño dun tempo clásico, Cando o fragor da loita de clases. Case un cento de anos Vivindo do teatro, E o que máis idolatro Son os soños humanos. Sempre vivín ao límite (Como bailaba na fin de semana!). Actuei ante príncipes (Non arranxaron os meus pesares: Nunca gañei o María Casares). Mais cando me despinte Vánseme notar moito As lágrimas de loito Polo século vinte. Case un cento de anos Vivindo do teatro, E o que máis idolatro Son os soños humanos. Un argumento tráxico Que mudou no mellor da función. Unha actuación de escándalo Que neguei ante o III Reich[...], Planos dun filme erótico que con Hitler mont[...] Os dous debaixo do pórtico, eu lle[...]. No centro do escenario, Panos de seda fina: As doses de morfina Non precisan ensaio. Non recoñezo a farsa Da época presente. Véxoa máis decadente Ca un desfile de máscaras.