Kishore Kumar Hits

Ataque Escampe - Street Fighter şarkı sözleri

Sanatçı: Ataque Escampe

albüm: O Disco Vermello


É a vida unha máquina
Unha máquina co Street Fighter dous
Dixo meu pai
Deume un abrazo e foi aceite de motor
Na miña máquina de amor
Non é que os mates
É que lles deas unha lección
Non teñas medo
E comproume un bate de béisbol
Un bate, un bate, un bate de béisbol
E agora sae aí
E demóstranos quen es a túa nai e a min
É a vida un ximnasio
Carbohidratos e unhas luvas de thai box
Dixo mamá
Tocoume os bíceps e queixouse do grosor
Da miña máquina de amor
Non é que os mates
Respecta a gorxa e o corazón
Fai que non volvan
E comproume un puño americano
Un puño, un puño, un puño americano
E agora sae aí
E demóstranos quen es ao teu pai e a min

Esa árbore que vai caer
Confiemos en que caia cara a atrás
Di unha canción
Que lembraba na ambulancia de camiño do hospital
A miña máquina total

E agora estou aquí na casa
A ver se a cabeza me pasa
Cando poida saír
Vou anotarme nunhas clases de taichí
(Isto vai ser unha carallada. Sábelo, verdade?)
(Se fose fácil, neno, faríao todo o mundo)

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar