Compañeira do flotel, hai que ver que razón tes O primeiro nesta vida é non ter frío nos pés. Todo é confusión pras que non calzamos goretex Se hai negociación temos tempo pra aprender inglés. Disque temos que seguir e poñernos no mellor, pero sigo aquí deitada Farta de romper a voz. Que foi da emoción de irmos os domingos de excursión? No 72 lembro que facía máis calor. Eu vou cantar a canción que é coma un alalá Quen sabe miña amiga o que será? Será o que será, outro ano sen pensión Ou un millón na primitiva. O tabaco de liar xa non ten tan mal sabor Non hai ilusión desde o de Daniel e Amador. Que foi da emoción de cando chegamos a Ferrol? Eu vou cantar a canción que é coma un alalá, Quen sabe miña amiga o que será?, será, o que será Deitada fronte ao mar Sentindo a respiración e o sangue Coma un ritmo dub. Un plan de formación ou un millón na primitiva. Si, será o que será, quen o dubidará? Sentada fronte ao mar da vida.