Adeus, estouvos triste Mais certamente resignado Todo acabou para min Xa teño oitenta anos Deses oitenta pasei uns cantos En Xaén de presidiario O resto fun infeliz Ás veces desgrazado Xa non sei nen se disparei A aquel home en Allariz Calquer lugar é bo para morrer Cando todos están contra ti ♪ O sol no parque á tarde Tantas mulleres elegantes O rio pasa xunto a min Vai ser o meu sedante Estudantes, disciplinade A nosa lingua con Luís de Camões Ainda iremos predicar Ás portas de Citroën Podemos ser como os escorpións Cando cheiran o final Calquer lugar é bo para vencer Cando as cousas están tan mal Vinde danzar Com este vello feo, sen rencor Desde o ceo, un vals Deixádeme en paz Vinde brindar Con este viño grego con amor Desde o ceo, así Espérovos alí