(Hey, fuck you mate!) ♪ A fantasía dourada da droga Facendo cabaliños na bici, en Lalín Rumbo a parques oxidados Quixen ser un neno malo e non cheguei a capitán Tan sequera nin do clube dos matados Chupei tamén algún sopapo Na casa e mais no patio non daban nin bicos nin abrazos Agora os gánsters aténdencheme Na tele cando falan os da escola de Chicago Porén nesta aldea 'tase ben, baby Co chándal do revés coma o príncipe de Bel-Air Rego e paso o cortacéspede Vou buscando co bolígrafo algo que me represente Analóxico e paciente Son a industria do rap antes de volverse mainstream (Está ben, está moi ben) Uh Como te morda Un alacrán Busca viño, busca pan Que mañá te enterrarán Uh Como te morda Un alacrán Busca viño, busca pan Que mañá te enterrarán Mira que me divertín nas noites de saír Daquela a miña camisola puña "Fuck the Police" Pois si, MC, son decote introvertido Son un deses chalés que están por fóra de ladrillo Máis relax que unha finde nun spa Sentímolo bailando no Kingston, no Superfly Mestres con clase e sen discípulos Ataque Escampe, vencedores e vencidos Levo un anel no meu dedo maior Que foi feito na charpela por un preso en San Simón Non din "campos de concentración" Nas guías de visita preparadas pola Xunta de Feijoo Na noite brillan, como tigres na gaiola Vin saír dous policías dun furgón A modo de filme de Scorsese dixeron "Control de drogas, ¿tiene algún inconveniente?" Teño medo das pistolas, son infantil Aquela noite xa non puiden durmir E na miña mente, guerra civil A miña camisola puña "Fuck the Police" (Fuck fuck) Uh Como te morda Un alacrán Busca viño, busca pan Que mañá te enterrarán Uh Como te morda Un alacrán Busca viño, busca pan Que mañá te enterrarán Tan en sitios lentos En todos os lameiros Un alacrán Busca viño, busca pan Que mañá te enterrarán Tan en sitios lentos En todos os lameiros Un alacrán Busca viño, busca pan Que mañá te enterrarán Uh Como te morda Un alacrán Uh Como te morda Un alacrán Uh Como te morda Un alacrán Por iso fago versos duros O pan que sempre nos daban no instituto (Uh) (Como te morda) Non é fácil ser estúpido (Un alacrán) Bill Clinton co pelo branco Sorrindo e tocando o saxo (Tan en sitios lentos) (Todos os lameiros) Lisa Simpson con Manuel Caamagno (Un alacrán) Románticos Somos fillos desa xeira (Tan en sitios lentos) (Todos os lameiros) (Un alacrán) Cobra Kai, Bruce Lee (Uh) (Como te morda) Quen comprende as miñas penas? (Un alacrán) A psicóloga que cobra, pero non os meus colegas Bruce Lee (Uh) Agresores e agredidos, Breakdance (Como te morda) Krilín, Yamcha, club de amigos de Ten Shin Han (Un alacrán) Toda esa culimaña de xente vulnerable Esta abuela no es mi padre (Tan en sitios lentos) (Todos os lameiros) (Un alacrán) Bruce Lee, Cobra Kai Patadas na cabeza que levaba Daniel San (Tan en sitios lentos) (En todos os lameiros) (Un alacrán) Cántame Cántame coma un puto alacrán (Uh) Meu pai (Como te morda) Alacrán Desde a praia de Chaián fágoche un freestyle (Un alacrán)