Kishore Kumar Hits

Guadi Galego - Mente en Branco şarkı sözleri

Sanatçı: Guadi Galego

albüm: O Mundo Está Parado


Hoxe quixen ver
Que cos dedos o meu mundo podía mover.
Non quixera ser
Pretencioso nin todopoderoso,
Só quería ter un momento de lucidez contida,
Atopar unha saída ás neuronas derretidas.
Só buscaba o pracer de parir un canto
Un lamento, un berro, un pranto, unha pena, un quebranto.
Penso en creación,
Busco nos vagóns baleiros
En cada estación.
Ter o que outro ten,
Nunca souben ver o que os outros ven.
Súo sangue ao tentar escribir con letras
O barullo que hai na cabeza,
Mente en branco, saída e meta.
Pecho os ollos, retorzo o pensamento,
Pero queda só nun intento.
Nunca souben mirar pra dentro
Só buscaba o pracer de parir un canto
Un lamento, un berro, un pranto, unha pena, un quebranto.
Só buscaba o pracer de parir un canto
Un lamento, un berro, un pranto, unha pena, un quebranto...

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar