Alí onde calman os ventos Onde a noite fai o seu leito Un leito prácido e lento Como o día perdendo o tempo Tempo que pasa e non para Sen pedir o consentimento Tempo que toma partido Polos amores cada vez máis frios Mentres tanto ti e máis eu Mudamos fronteiras por pontes Trazamos un novo mapa Abrindo cancelas con flores Mentres tanto ti e máis eu Buscamos olladas de alento Roubamos palabras ao vento Tecemos con elas o amor Espertaban as encrovas Mentres as lobas soñaban Cun roteiro de esperanza Para toda a súa manda Unha parola coa xente Nas paradas de cada bairro Nun andén ou nunha beira Na sombra de cada carballo Mentres tanto ti e máis eu Mudamos fronteiras por pontes Trazamos un novo mapa Abrindo cancelas con flores Mentres tanto ti e máis eu Buscamos olladas de alento Roubamos palabras ao vento Tecemos con elas o amor Non alimentas meus medos Eu xa non creo nos demos Son paxaro ventureiro Polos camiños do ceo Non alimentas meus medos Eu xa non creo nos demos Son paxaro ventureiro Polos camiños do ceo Mentres tanto ti e mais eu Mudamos fronteiras por pontes Trazamos un novo mapa Abrindo cancelas con flores