Kishore Kumar Hits

Guadi Galego - Zocos şarkı sözleri

Sanatçı: Guadi Galego

albüm: Costuras


Tomei o camiño máis longo,
Máis longo para chegar a ti
Díxenche "ponte máis perto
Que non podo ver a súa fin"
Topeime nun buraco estreito,
Pequeño, non podía saír
Pasaron os meses de inverno,
Seguía sen ver a súa fin
Un ruído posouse na cama,
Tremín polo soño que estaba a durmir
De súpeto tocoume da nada,
Os zocos de ferro correron por mín
A costa tornouse unha chaira,
O campo das flores que veñen de abril
Os pasos que dín esa noite,
Mudaron a historia que estaba a escribir
Esperto da noite máis longa,
O soño que me fai sorrir.
As flores no campo da estrela,
Parece que cheira a xasmín
As miñas máns polo chan,
A chaira inmensa sen fin.
Os zocos locen na entrada,
E ti xa non eres para mín
Un ruído posouse na cama,
Tremín polo soño que estaba a durmir
De súpeto tocoume da nada,
Os zocos de ferro correron por mín
A costa tornouse unha chaira,
O campo das flores que veñen de abril
Os pasos que dín esa noite,
Mudaron a historia que estaba a escribir
(Poema)
Non quixera morrer
Sen conducir un coche no deserto.
Salta á corda na brisa dun luns,
Saíndo dun after con toda a resaca que sexa posible.
Pedir un cigarro ás señoras da praza
Que venden repolos en cestas de vime,
Quitar os zapatos
E correr rúa abaixo berrando
"Estou asimétrica,
Que non teño menciñas,
Nin Coca-Cola Light,
Que te preciso coma nunca
Ou sei que te quero como os personaxes
Que morren nos filmes
Xusto despois de descubrir o amor,
Nesa caída de pálpebras
Na que todo semella inxusto
E fermoso á vez
De súpeto tocoume da nada,
Os zocos de ferro correron por mín.
(Nesa caída de pálpebras
Na que todo semella inxusto
E fermoso á vez)
De súpeto tocoume da nada,
Os zocos de ferro correron por mín.
De súpeto tocoume da nada,
Os zocos de ferro correron por mín.

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar