Kishore Kumar Hits

Lucía Pérez - Adiós ríos, adiós fontes şarkı sözleri

Sanatçı: Lucía Pérez

albüm: Cruzo los dedos


Adiós Ríos, Adiós Fontes
Adiós regatos pequenos
Adiós vista dos meus ollos
Non sei cando, non sei cando nos veremos
Miña terra, miña terra
Terra donde eu me criei
Hortiña que quero tanto
Figueiriñas que prantei
Prados, ríos, arboredas
Pinares que move o vento
Paxariños piadores
Casiña do meu contento
Muiño dos castañares
Noites craras de luar
Campaniñas trimbadoras
Da igrexiña do lugar
Amoriñas das silveiras
Que eu lle daba ó meu amor
Caminiños antre o millo
¡Adiós para sempre, adiós!
¡Adiós gloria! ¡Adiós contento!
¡Deixo a casa onde nacín! ¡Deixo a aldea que conozo!
¡Por un mundo que non vín!
¡Deixo amigos por extraños! ¡Deixo a veiga polo mar!
¡Deixo, en fin, canto ben quero!
¡Quen pudera non deixar!
Adiós, Adiós, que me vou
Herbiñas do camposanto
Donde meu pai se enterrou
Herbiñas que biquei tanto
Terriña que nos criou
Xa se oien lonxe, moi lonxe
As campanas do Pomar
Para min ¡ai!, coitadiño
Nunca máis han de tocar
Xa se oien lonxe, máis lonxe
Cada balada é un dolor
Voume soio, sin arrimo
¡Miña terra, adiós, adiós!
¡Adiós tamén, queridiña!
¡Adiós por sempre quizais!
Dígoche este adiós chorando
Desde a beiriña do mar
Non me olvides, queridiña
Si morro de soidás
Tantas légoas máis adentro
¡Miña casiña! ¡Meu lar!
Adiós Ríos, Adiós Fontes
Adiós regatos pequenos
Adiós vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos
Non sei cando nos veremos

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar