Falemos Galego (A Roda) Sabedes que está de moda, Entre vellos e "yeyesés, a canción galega nova, Que hasta cantan os Ingleses, Nos estamos satisfeitos, da nosa fala natal, E rendímos lle homenaxe, no tempo do carnaval, ¡car-na-val!. Retrouso Xerardo, Vicente, Honorato e Miguel, Cantades galego, facedes moi ben Como xa fixeron os da vella ola Falemos galego na rúa e na escola. Un recordo pracenteiro Cara as novas a mistades Que cantaban en galego Alá polas Baleares Non estamos moi de acordo Cós que cantan por aí, A cantiga da beiriña, no galego de Madrid ¡ de Ma-drid! Retrouso Xerardo, Vicente, Honorato e Miguel... Os Támara alá moi lonxe Cántanlle o Santiaguiño E dinlle ós casteláns Que ten forza o galeguiño O galego non é novo Que é mais vello ca requisa Pois xa o cantaban os cregos Cando inventaron a misa, ¡ a mi-sa!. Retrouso Xerardo, Vicente, Honorato e Miguel...