Quixera ser ese neno que soñaba Cunha meta que tiña pensada Unha noite que nunca se acaba Eu quixera ver no fondo desa mirada E que se convertera nunha rima Fuxindo da dogmática doctrina De todo aquel que discrimina Quixera ser xustiza e que vencerá Palestina Que na Galiza non mudara o clima Chegar a tocar pola Arxentina Que as mulleres non teñan rutina De sentir medo cando van cruzala esquina Eu, quixera ser o páxaro ceibe no ceo Mais, non creo poder voar Quixera vela matria que anceio Liberada no meio do teu ollar Quixera poder avanzar, coller e danzar Atoparme para voltar comezar A nosa guía non está en ningún altar Nin a valentía nun servizo militar Rap que fixo tiritar ao poderoso Eu, quixera ser de todo menos pretencioso Que quen despreza a nosa lingua non se flipe Recapacite e queira a valorar o noso Quixera ser ese neno que soñaba Cunha meta que tiña pensada Unha noite que nunca se acaba Que che vou contar meu camarada Quixera vela terra desexada Que esta letra fose recordada Polo seu sentir máis que por nada Temos na memoria sempre cada Voz que se voltou represaliada Por cada persoa silenciada Ergueremos entre a barricada Quixera ser contigo Da túa man, sen ter un plan Que a miña xente non lle falte o pan Capitalismo destructivo Porque haber hai moito sí, pero moi mal repartido Quixera ser o latido que sae do peito E que do noso curro non saque ninguén proveito Privatizan merdas, socializan perdas Vou pola esquerda aínda que busque dereitos Dalle xeito, Hugo dalle xeito E non te censures nunca ate chegar ao cadaleito Que cando morras e noten a túa falta Penses, cabeza alta e traballo ben feito Quixera percorrerte ben Como aquel día que xemías entre vao Eu quixera escrebere na túa pel Os versos de Rosalía ou Castelao Quen me dera voltar outra vez aquel Tempo que vivía despreocupao Eu quixera que o fique neste papel Quedara para sempre do teu lao Quixera ser ese neno que soñaba Cunha meta que tiña pensada Unha noite que nunca se acaba Eu quixera ver no fondo desa mirada E que se convertera nunha rima Fuxindo da dogmática doctrina De todo aquel que discrimina Quixera ser ese neno que soñaba Cunha meta que tiña pensada Unha noite que nunca se acaba