Kishore Kumar Hits

Hugo Guezeta - 1991 şarkı sözleri

Sanatçı: Hugo Guezeta

albüm: 1991


Nacín a finais do 91
Por quenes foron somos, eu dende aquela fun
Tiran co muro cae a urrss vaia ploff
Se chegho nacer antes ía polo Gorvachov
Criado con vinilos de Deep Purple e Queen
Outros de Sabina, Charlie Parker, Sting
No piso da Cañiza estiven primeiro
Na tenda de Tirso ou no Resero
Na Carballeira vestido de gaiteiro
Cando fixen cinco, calado e sinceiro
Todo era branco pero tornouse beige
E foise meu avó aló polo 96
Cheguei a Ponte, fixen amigos pronto
Na finca de Canedo, eramos dabondo
Metinme en percusión, pasei da relixión
Da cataquese e da primeira comunión
Flipábame vestir de traxe anda
Vendo que hoxe en día non hai quen me quite o chándal
Era o pequeno sí fun algo consentido
Pero inculcaron o valor do colectivo
Fíxose celteste meu latido
Por aqueles días con Tere en Balaídos
Por líos da rede xa non poño apelidos
Pero están conmigo sempre, ¿sabes o que digo?
Un nove, nove un
Quen pode faser algho fóra do común?
Quen te vai crer entre tanto run rUn?
Non chegan trinta temas para miña crónica
Un nove, nove un
Baixo buscar auga pola fonte do vermún
Busco ser alguén perdido por algún
Teño máis valor que o que pon a miña nómina
Pasaron anos, que queres que che conte
Sen arriscar como queres que remonte?
Sen albiscala cúspide deste horizonte
Cuspirei naqueles que non valoren o monte
O son tradi ou hip-hop, non vou faserme tik-tok
Non vou facerche beat box, estou fasendo himnos
Sobre ritmos marcando signos
Con pouco na carteira pero sempre dignos
Rimos ao escoitalos eiquí seguimos
Pasaron modas eiquí seguimos
Comesaron novas eiquí seguimos
Ides tardar en valorar o que construimos
Como non vou ser perfeccionista?
Se coidan menos as letras que o feed do insta
Iso é puro lixo non vos dades conta
Parádesvos no efímero colléronvos na contra
Portada, xa tardaba en desilo
Preocupados na imaxe máis que en sentilo
Que pasa Hugo colleches un par de kilos
Claro que engordei cabrón como meu estilo
Xa ves tío, estou currando un festivo
E parese que por riba teño debo estar ajradesido
Anoitece pero hai lus meu amigo
Porque estou acendido, sabes o que digo?
Un nove, nove un
Quen pode faser algho fóra do común?
Quen te vai crer entre tanto runrún?
Non chegan trinta temas para miña crónica
Un nove, nove un
Baixo buscar auga pola fonte do vermún
Buscando ser alguén perdido por algún
Teño máis valor que o que pon a miña nómina!

Поcмотреть все песни артиста

Sanatçının diğer albümleri

Benzer Sanatçılar