Pomba de brancas anzas Se ollas ó pé das augas á mái belida fada Esa é a miña amada. Pomba que voas leda Se ves na banda da ría á máis belida frol Esa é a miña amiga. E miña amiga, Coma as core s da mañá Feiticeira e garimosa, Coma unha noite de vran. E miña amiga, Vimbro de xunca lanzal Arrecendente froliña, Aloumiño do luar . Que non brile máis a lúa Nin luceiro da mañá Se miña amiga Perto de min non está. Que sequen todas as fontes E quede sin auga o mar Se miña amiga Perto de min non está. Ehi vái, véla que ben vái Miña amiga pola ría, Camiño de seu casal . Os seus cabelos son loiros Coma as areias do mar E as estreliñas rebrilan, No medio do seu ollar. Anduriña, anduriña, Se viras cabo da ría á máis xentil e benfeita, A millor, a máis belida: ¡ esa é miña amiga! ¡ esa é miña amiga!